Colexio Plurilingüe Colexio Plurilingüe
1 1 1 1 3 4
   Circulares
   Álbum Colexial 14/15
   Proxecto Plurilingüe
   Xestor Educativo

Consulta as distintas circulares do centro para o curso escolar 2014/2015

Actualizado: 08/06/2015

            Consultar...

 

Tódolos actos e actividades!

Novidades: 22/04/2015
Labs II Primaria | Festa da Danza
Día do bocata | Entroido

           Consultar...

Os idiomas son un dos aspectos máis importantes na educación.

             INFORMACIÓN SOBRE O UNIFORME ESCOLAR. CONSULTA A CIRCULAR.
   Actualidade no Colexio
  Información
Semana de Autoprotección
Monday, 11 de May do 2015

O Colexio La Salle ven de realizar a Semana de Autoprotección do 4 ao 8 de maio. No transcurso desa semana os alumnos de Educación Primaria participaron de diferentes accións formativas: os alumnos de 1º de primaria recibiron formación en autoprotección (proteliña) os de 2º e 3º formáronse en protección fronte a incendios, os de 4º e 5º recibiron formación en seguridade vial e os de 6º sobre prevención de riscos na escola e no fogar. O alumnado de 1º e 2º de ESO participou en formación sobre primeiros auxilios e todo o alumnado recibiu dos seus titores formación sobre como proceder en caso de evacuación do Colexio.

En cumprimento do establecido no Plan de Autoprotección do Colexio, o luns 11 de maio realizamos un simulacro xeral de evacuación do Colexio para mellorar a resposta e o entrenamento dos educadores e do alumnado do centro e, asimesmo, detectar incidencias para mellorar o procedemento.

 
Visita dos alumnos alemáns da Realschule Vinzenz von Paul ao noso colexio
Friday, 08 de May do 2015
Respondendo a visita feita  en marzo polos nosos alumnos de 3º ESO ao colexio Realschule Vinzenz von Paul de Markt Indersdorf (Alemaña) temos estes dias no centro ao grupo de alumnos alemáns que participan no intercambio coa nosa escola. Durante este periodo poderán coñecer as culturas galega e española das mans dos seus correspondentes.
 
Desexamos que teñan unha leda estancia en Santiago e que disfruten do seu tempo aquí!
 
 
 
Intercambio con Francia
Friday, 08 de May do 2015
C´est le moment de bien s´amuser à Nantes! Somos un grupo de alumnos de 2º ESO que estamos de intercambio en Francia. A nosa estadía aquí está a ser unha experiencia inesquecible.
 
Como podedes ver na foto, hoxe tivemos a ocasión de visitar o Château des ducs de Bretagne, onde aprendemos moitas cousas interesantes sobre a historia desta fermosa cidade.
 
¡E aínda nos queda unha longa fin de semana, que se presenta chea de plans cos nosos correspondentes e as súas familias!
 
Programa "Activate co Voluntariado"
Friday, 08 de May do 2015
Os pasados días 13 e 21 de abril un grupo de alumnos e alumnas de 4º de ESO e 1º de Bacharelato participou no programa “actívate co voluntariado”, dependente da Rede de Centros Escolares Solidarios da Xunta de Galicia.

Este programa consiste en asentar os valores inherentes á acción voluntaria, poñendo en valor o civismo e o compromiso cidadá do alumnado por participar en proxectos solidarios. Concrétase no deseño dunha campaña de dinamización do alumnado para participar nas acción solidarias que se están a realizar en cada centro. Desta forma o obradoiro converte ao alumnado participante en axente activo para favorecer a participación entre os iguais nos proxectos solidarios de cada centro.

O resultado desta actividade foi a gravación duns “spots” para motivar a participación do alumnado no voluntariado que poderemos ver en datas próximas.
 
 
 
Sesións do PAR en 2º e 4º de ESO
Friday, 08 de May do 2015
O alumnado de 2º e 4º de ESO tivo ocasión de participar en sesións do Plan de Achegamento á Realidade (PAR) nestas últimas semanas.

No caso de 2º reflexionaron sobre a inmigración coa axuda de profesionais de Cruz Vermella de Santiago os días 3 de marzo e 14 de abril, rematando así as sesións deste curso.

Pola súa banda, o alumnado de 4º de ESO tratou sobre as persoas con discapacidade intelectual coa axuda de persoas de FADEMGA o día 8 de abril, e aínda queda por ter a última sesión.

Queremos agradecer ás dúas institucións a súa desinteresada colaboración, que contribúe a que as sesións resulten moi positivas.
 
 
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 9 de 554
CAMPAÑA de PROYDE
a beneficio de TOGO
4252,80
Proceso de Admisión curso 2015-2016
 
Aberto o prazo de matrícula BACHARELATO 2015-2016
 
 
Calendario do curso 2014-2015

Circulares do curso 2014-2015

Salle Xove


Acceso ás probas distritais
Aula de Familias

Biblioteca-Centro de Recursos Ir. Fernando Diéguez
Programa Orienta 2013/2014
Programa
Voluntariado PROYDE
 
Menu Escolar
  • Menu escolar do mes de maio: preme aqui.

Praza de San Xoán Bautista De La Salle, 1 C.P.: 15704. Santiago de Compostela.
Tfno.: 981 584 611 | E-mail: santiago@sallep.net secretariasantiago@sallep.net adsantiago@sallep.net